venres, 11 de setembro de 2026

Fan falta normas?

Esta mañá estivemos debatendo un pouco sobre a pertinencia de ter ou non normas na aula e sobre se noutros ámbitos e situacións da vida, as persoas miúdas e a as persoas maiores tiñamos que nos rexer por algún outro tipo de norma.
Chegamos á conclusión de que precisamos dalgunhas regras que nos permitan estar a todos a gusto dentro da aula; e fixemos unha chuvia de ideas.
Nas vindeiras semanas seguiremos reflexionando sobre isto e continuaremos lembrando as normas das que nos dotamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario