Recuncho na Rede das nenas e os nenos da aula de primeiro de Educación Primaria do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte (Lugo)
martes, 29 de setembro de 2026
xoves, 24 de setembro de 2026
Cantamos?
mércores, 23 de setembro de 2026
Ao chegar ao cole…
… debemos parar na porta da aula e mirar que temos que facer.
Automatizar este tipo de dinámicas vai dotar o alumando de autonomía, axudarlle a prestar atención e facerse responsable das súas tarefas.
Con axuda de texto e debuxos, cada día queda indicado na entrada da aula os pasos a seguir: entrar, colgar a chaqueta, preparar o material, sentar, facer a fila, xogar…
Se dende a casa reforzades estes hábitos (preguntando que había que facer hoxe ao entrar ou lembrándolles que miren pola mañá…) estes procesos serán máis rápidos e quedarán mellor afianzados.
luns, 21 de setembro de 2026
venres, 18 de setembro de 2026
xoves, 17 de setembro de 2026
mércores, 16 de setembro de 2026
Tarefas
Igual que fixeramos o outro día coas normas, hoxe fixemos unha chuvia de ideas sobre distintas tarefas e responsabilidades que as nenas e nenos da aula poderiamos asumir.
martes, 15 de setembro de 2026
luns, 14 de setembro de 2026
Axuda
Estas tarxetas, que dende hoxe teremos na mesa, hannos axudar a lembrar como se escribe o noso nome, os números, algunha letra que aínda se nos resista ou a dinámica principal que respectaremos sempre nos nosos traballos: ESCOITO - PENSO - FAGO.
venres, 11 de setembro de 2026
Fan falta normas?
Esta mañá estivemos debatendo un pouco sobre a pertinencia de ter ou non normas na aula e sobre se noutros ámbitos e situacións da vida, as persoas miúdas e a as persoas maiores tiñamos que nos rexer por algún outro tipo de norma.
Chegamos á conclusión de que precisamos dalgunhas regras que nos permitan estar a todos a gusto dentro da aula; e fixemos unha chuvia de ideas.
xoves, 10 de setembro de 2026
mércores, 9 de setembro de 2026
Benvida
Sede benvidas a este blog todas as persoas que facedes parte da aula de Primeiro de Primaria e, en xeral, todos membros da comunidade educativa do Virxe do Corpiño de Begonte.
Neste recanto da Rede tentaremos ir deixando constancia dalgunha das cousas que vaian acontecendo no noso día a día.
Por suposto, este espazo está aberto ás vosas achegas e comentarios.
martes, 8 de setembro de 2026
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
… co “p” e o “m”. Despois do recreo, fixemos esta actividade de conciencia fonolóxica na que argallamos coas sílabas que fomos aprendendo na...
-
... recortando, subliñando, escribindo, modelando, empedrando, retorcendo, picando... vogais. Nisto levamos toda a semana, á voltas co a, e,...












