luns, 26 de outubro de 2026

Raro

Que é ser “raro?” Que é ser “normal”? É malo ser “raro”? Ou é bo ter algo especial que te diferencie dos demais?
De todo isto debatemos hoxe na aula co axuda deste conto que Ares e Valeria Castro trouxeron da casiña de Faiuco.


xoves, 22 de outubro de 2026

Monsterbox

Esta curtametraxe serviunos para reflexionar hoxe sobre a amizade, a importancia de pedir perdón cando nos equivocamos e o respecto á nosa diversidade.
Despois, recreamos o aprendido dando vida aos nosos propios monstros.









venres, 16 de outubro de 2026

Xogando…

… co “p” e o “m”. Despois do recreo, fixemos esta actividade de conciencia fonolóxica na que argallamos coas sílabas que fomos aprendendo nas últimas semanas.
Deixamos tamén por aquí o conto de Pepa e Pipo co que rematamos a actividade.












mércores, 7 de outubro de 2026

Escoitade, lobatos

Nunha fraga frondosa
canta o cuco o seu son.
Escoitade, lobatos,
esta leda canción.

Iolari… iolará, trioli, olará…

Imaxe de iStock


martes, 6 de outubro de 2026

Un pequeno paso

O que temos hoxe para contar pode parecer unha insignificancia, pero é un primeiro paso imprescindible e fundamental para entrar nun universo marabilloso e transformador: a lectura.
Pode parecer unha parvada xuntar o “p” co “a” e ser quen de ver “pa” pero esta habilidade que estamos principiando (e que nos ha acompañar toda a vida) é a porta de entrada ao coñecemento, á diversión, á liberdade… Por desgraza, inda na actualidade hai nenas e nenos que non poden acceder a esta ferramenta á que nós nos achegamos coma se nada; quen lle dera aos nosos antergos ter sabido ler, privilexio que durante séculos estivo reservado a uns poucos.



venres, 2 de outubro de 2026

Descubrindo a Casiña de Faiuco


Ademais de moitos libros, esta mañá descubrimos que Faiuco tamén ten na súa casiña moitos xogos divertidos. Os venres será o día no que iremos á biblioteca.

Pintando...

... recortando, subliñando, escribindo, modelando, empedrando, retorcendo, picando... vogais.

Nisto levamos toda a semana, á voltas co a, e, i, o, u. E hoxe venres rematamos este traballo.

 







xoves, 24 de setembro de 2026

Cantamos?

Foto de elmundo.es


Una linda foca negra,

capturada a traición,

la trajeron desde el Polo

hasta España en avión.


Su mamá, que la quería,

enfadada cruzó el mar

y encontrose con un oso

muy peludo y barrigón.


Chuchuá, chuchuá…